:

A Unidade de Muller e Ciencia ven de colaborar na edición galega deste calendario que ten como propósito aportar unha peza máis á construción do pasado das mulleres astrónomas que, como noutros ámbitos do saber, é moi descoñecido. A iniciativa ven impulsada polo equipo de traballo "Ela é unha Astrónoma", co propósito de destacar ás astrónomas excepcionais de diferentes épocas e países que pola súa contribución ao avance da ciencia merecen traspasar o anonimato e lograr un espazo na historia.




