UNIDADE DE MULLER E CIENCIA

Premio á mellor inventora de 2009

No 37º Salón Internacional dos Inventos de Xenebra, celebrado o pasado 5 de abril, déronse cita máis de mil innovacións de todo o mundo.
A doutora Celia Sánchez Ramos acudiu cunha patente: "Lente de contacto terapéutica para ollos pseudo-afáquicos e/ou en proceso de neurodexeneración".
O xurado do Salón dos Inventos recoñeceuna cos seguintes premios:
- Premio á mellor inventora do ano 2009
- Medalla de ouro á mellor invención da área sanitaria
- Premio á mellor patente española

VII Conferencia Europea de Investigación Feminista

Cunha nova forma de abordar o tema de xénero realizarase, nos Países Baixos, do 4 ao 7 de xuño de 2009 a VII Conferencia Europea de Investigación Feminista, na cal se pretende estudar, mediante o cruce de distintos documentos e prácticas, os temas de xénero, mulleres e feminismo. Neste encontro, o obxectivo é reunir a todo o persoal investigador co obxectivo de que presenten ponencias para visualizar o futuro desta materia.

 

 A Unidade presenta:

Convocatorias:
Logos Xunta de Galicia