UNIDADE DE MULLER E CIENCIA

Premio e medalla Mott 2009 para Gillian Gehring

A profesora Gillian Gehring da Universidade de Sheffield, foi galardoada co premio e a medalla Mott 2009 pola súa orixinal e influínte contribución ao magnetismo.

"Gillian Gehring distínguese como unha líder internacional da investigación en magnetismo. É pouco usual que fixera contribucións tan importantes ao mesmo tempo en física teórica e experimental."

A científica Victoria Hodges premiada pola súa carreira en Física

Victoria Hodges foi galardoada o pasado mes en Londres polo Instituto de Física (IOP). Este premio anual ten como obxetivo recoñecer o comezo da carreira das mulleres que traballan en campos relacionados coa física, e poñer de relevo a forma en que as súas habilidades, ambicións e o desexo de inspirar a outras persoas en actividades deste campo xa están dando os seus froitos.
A premiada explicou, durante a súa presentación, que está traballando na actualidade na misión espacial GAIA a cal está a levar a cabo a Axencia Espacial Europea.

 

 A Unidade presenta:

Convocatorias:
Logos Xunta de Galicia