
Durante a maior parte da historia da humanidade as mulleres foron oficialmente excluidas da esfera científica. Sen embargo, a pesar da súa invisibilidade na narración da historia, isto non significa que a ciencia fose un mundo exclusivamente de homes. Moitas mulleres ao longo dos séculos, conseguiron superar a súa marxinación e sobresair no seu campo, facendo unha contribución vital á suma do coñecemento humano.
Este libro conta a historia dalgunhas heroínas da ciencia europea que enriquecen e completan a historia do coñecemento científico.





