Unidade de Muller e Ciencia de Galicia

A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de dinamizar e transformar a ciencia e a tecnoloxía galegas dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes neste ámbito, rachando cos estereotipos de xénero. Dende a Xunta de Galicia considerase que é importante concederlle prioridade a esta cuestión en canto ao deseño e promoción das políticas científicas, tecnolóxicas, educativas e mesmo sociais co obxectivo de corrixir os desequilibrios entre investigadoras e investigadores, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a optimizar a utilización dos recursos humanos e, ao mesmo tempo, enriquecería a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

 

Logo Secretaría Xeral da Igualdade

 

Entrega premio 2018

O Premio María Josefa Wonenburger Planells foi creado pola Xunta de Galicia para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía.

Naceu no ano 2007 como recoñecemento á traxectoria e figura da matemática María Josefa Wonenburger, quen desenvolveu toda a súa carreira profesional nos Estados Unidos sendo case descoñecida a súa orixe galega. Unha pioneira e referente feminina no ámbito científico.

Este premio ademais de render homenaxe a unha muller matemática galega adiantada ó seu tempo e de recoñecido prestixio internacional no ámbito da ciencia, se pretende visibilizar e por valor ás achegas de moitas mulleres que traballan nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, para motivar, dar exemplo e visibilizalas e que as mozas e mozos teñen referentes e modelos nestes ámbitos nos que aínda hai unha fenda de xénero e se coñecen aínda poucas mulleres referentes necesarias para romper cos estereotipos de xénero aínda persistentes na nosa sociedade.

Cifras

Universidades Galegas (2018-2019)
Educación
Universidades Galegas (2018-2019)
55%
mulleres matriculadas
45%
homes matriculados
Enxeñería e Arquitectura
Educación
Enxeñería e Arquitectura
27%
alumnas matriculadas
73%
alumnos matriculados
Cátedra nas Universidades Galegas
Investigación, tecnoloxía e innovación
Cátedra nas Universidades Galegas
22%
catedráticas
78%
catedráticos

Actualidade

Ver todas as Novas
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana

Lugo, 11 de febreiro de 2023. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe no Auditorio AFundación de Lugo no acto Mulleres, supernovas da Ciencia, convocado polo seu departamento para conmemorar este 11 de febreiro, o Día internacional da muller e da nena na ciencia, que contou coa participación da  astrofísica e enxeñeira viguesa da NASA, Begoña Vila.

Actos como o de hoxe, especificou a titular de Igualdade, permiten á Xunta de Galicia contribuír a promocionar as carreiras tecnolóxicas entre as mulleres e as nenas para…

•  O proxecto da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade botou a andar o 2 de decembro e rematará o 30 de marzo do 2023, tras percorrer 13 institutos de 12 concellos galegos
•  Preto de 2.000 alumnas e alumnos da ESO e 80 docentes de 17 institutos galegos participaron nas dúas…

A matemática e decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Elena Vázquez Cendón, será distinguida co premio María Josefa Wonenburguer de 2022, unha decisión comunicada no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Con este premio, a Xunta…

  • Científicas e tecnólogas recoñecen avances significativos en materia de igualdade e avogan por visibilizar o traballo das investigadoras, implementar as medidas de conciliación e corresponsabilidade e para corrixir un sistema de avaliación, liderados e relacións masculinizado…