A profesora israelí, Ada Yonath, galardoada co Premio Nobel de Química 2009

A profesora israelí Ada Yonath, do Instituto Weizmann da Ciencia foi galardoada co Premio Nobel de Química 2009.

A investigación da Prof. Yonath está impulsada pola curiosidade e a ambición de entender mellor o mundo e o noso lugar nel. Esta investigación apunta alto porque o que pretende é entender unha das máis complicadas “máquinas” do sistema biolóxico.

A finais de 1970, a Prof. Yonath decidiu, cando era unha xoven estudiante no Instituto Weizmann, asumir o reto de responder a unha das cuestións clave relativas ás actividades das células vivas: descifrala estrutura e o mecanismo de acción dos ribosomas – a célula fábrica de proteínas. Este foi o comezo dunha longa viaxe científica que durou décadas, e que require coraxe e devoción dende o principio. A viaxe comezou nun laboratorio modesto cun presuposto modesto, e cos anos, aumentou a decenas de investigadores e investigadoras baixo a dirección da Prof. Yonath.

Fonte: 
Madri+d
Palabras chave: 
Científica, galardón
Logos Xunta de Galicia