Eixo estratéxico de actuación 3:

OBXECTIVO ESPECÍFICO ACTUACIÓNS:

Garantir o tratamento transversal da dimensión de xénero no sistema académico, científico e tecnolóxico de Galicia

OBXECTIVO ESPECÍFICO ACTUACIÓNS:

3.1. Incorporar a perspectiva de xénero nas propostas de investigación e estudos financiados con fondos públicos.

3.1. Incorporar a perspectiva de xénero nas
propostas de investigación e estudos
financiados con fondos públicos.

3.1.1. Incluír, como requisito básico nas convocatorias públicas de axudas á investigación, a incorporación da perspectiva de xénero no deseño dos proxectos e propostas técnicas.

3.1.2. Elaborar unha guía práctica sobre como aplicar a transversalidade de xénero nas propostas que se presenten ás convocatorias públicas de axudas á investigación.

3.1.3. Elaborar un manual operativo para o tratamento transversal do xénero nos estudos ou investigacións que se realicen con cargo a orzamentos públicos.

3.1.4. Prestar asesoramento sobre a integración do principio de igualdade de xénero en todas as fases de aplicación, control e avaliación dos proxectos e programas de
investigación científica levados a cabo con apoio e financiamento do goberno galego e outras institucións públicas.

3.2. Incorporar a transversalidade de xénero no deseño de políticas científicas, universitarias e de desenvolvemento tecnolóxico.

3.2.1. Elaborar un manual operativo (e de boas prácticas) sobre como transversalizar de maneira efectiva a dimensión de xénero nas políticas autonómicas de investigación
científica e innovación tecnolóxica e integrar as políticas europeas, estatais e galegas en materia de muller e ciencia.

3.2.2. Realizar unha análise de xénero do Plan INCITE cara á elaboración dunha guía práctica para facer efectiva a transversalidade de xénero en todos os programas que o
integran, tanto na fase de planificación, como de execución e avaliación, así como nas estruturas creadas para a súa implantación.

3.2.3. Reforzar a perspectiva de xénero na elaboración dos comunicados, publicacións, webs... que se realicen desde o sistema universitario, científico e tecnolóxico de Galicia,
comezando pola utilización sistemática dunha linguaxe non sexista.

3.2.4. Promover a colaboración da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para incluír a perspectiva de xénero na
Semana Galega da Ciencia.

3.2.5. Colaborar coas oficinas de igualdade das universidades na implantación efectiva da transversalidade de xénero no SUG.

Logos Xunta de Galicia