El Balneario de Mondariz la creación de un lugar (1873-1931)

Título: 
El Balneario de Mondariz la creación de un lugar (1873-1931)
Autor/a: 
Yolanda Pérez Sánchez
Departamento: 
Depto. de HISTORIA DA ARTE
Data Lectura: 
5 Xul 2005
Centro de lectura: 
Facultade de XEOGRAFÍA E HISTORIA

O obxectivo desta investigación é o de desvelar os mecanismos de construcción do balneario de Mondariz como lugar, entendendo lugar como un todo histórico e existencial, un espacio simbolizado feito de memoria e xeografía. A tese sinala o proceso de conversión dun espacio natural nun espacio habitable, nun ancoraxe identitario e significativo. Esto trátase dende unha dobre perspectiva: considerando a súa formación como empresa e núcleo habitacional, e a paralela configuración dos seus respectivos elementos de identidade como institución decimonónica e, posteriormente, como vila; e, por outra banda, dende os estudios do lugar, afróntase a configuración do seu espacio e arquitectura como unha forma simbólica que non depende exclusivamente das circunstancias socioeconómicas ou do contexto arquitectónico no que se involucra a súa creación e evolución, senón que se relaciona cunhas estructuras que superan este contexto e amplían o nivel de significación do lugar.

Director/a: 
Mª Luisa Sobrino Manzanares
Logos Xunta de Galicia